Galicia 2001-2015: medra o inverno demográfico e laboral


Preme sobre a imaxe para acceder aos datos detallados.

Galicia_2001-2015_AfSS

Galicia: a 1 de xaneiro de 2015 había 2732347 habitantes e a 1 de xaneiro de 2001 había 2732926 residentes (agora hai 579 galegos menos). Nese período a gran redución de poboación produciuse entre os menores de 20 anos (59509 persoas menos) e no tramo de 20 a 64 anos, con 28197 persoas menos; incrementouse o número de maiores de 65 anos en 87127 persoas.

No ano 2015, en Galicia, hai 1,4 persoas afiliadas á Seguridade Social por cada persoa maior de 65 anos, pero en A Coruña hai 1,5 persoas traballando por cada xubilado e en Pontevedra hai 1,6. En Lugo só hai 1.2 e en Ourense hai 1 persoa afiliada á Seguridade Social por cada xubilado. No 2001 a relación era 1,6 afiliados por cada xubilado.
Hai futuro?