Evolución do emprego en España e Galicia (por réximes de cotización) entre xaneiro de 2003 e agosto de 2020

Preme sobre a imaxe para abrir o ficheiro PDF cos datos e gráficos dende xaneiro de 2003 a agosto de 2020
A variación interanual do número de afiliados no mes de agosto en Galicia (entre os anos 2019 e 2020) é de -24 106 afiliados (un -2.32%); en España é de -527 851 afiliados (un -2.73%).
En promedio, con respecto a xullo, en Galicia aumentou o número de cotizantes á Seguridade Social en 7 126 persoas.
En promedio, con respecto a xullo, en España aumentou o número de cotizantes á Seguridade Social en 6 822 persoas.
A Coruña ten 2 614 cotizantes máis, Lugo aumentou 1 293 cotizantes; Ourense aumentou en 913 o número de cotizantes e en Pontevedra hai 2 306 cotizantes máis á Seguridade Social.
En Galicia hai 78 743 cotizantes menos que no mes de Agosto do ano 2008. En España minguou nese período en 345 180 o número de afiliados á Seguridade Social.