Evolución do emprego en España e Galicia (por réximes de cotización) entre xaneiro de 2003 e decembro de 2020

Preme sobre a imaxe para abrir o ficheiro PDF cos datos e gráficos dende xaneiro de 2003 a decembro de 2020
A variación interanual do número de afiliados no mes de decembro en Galicia (entre os anos 2019 e 2020) é de -18 098 afiliados (un -1.77%); en España é de -360 105 afiliados (un -1.86%).
En promedio, con respecto a novembro, en Galicia reduciuse o número de cotizantes á Seguridade Social en 7 723 persoas.
En promedio, con respecto a novembro, en España aumentou o número de cotizantes á Seguridade Social en 26 432 persoas.
A Coruña ten 2 497 cotizantes menos, Lugo perdeu 803 cotizantes; Ourense minguou en 889 o número de cotizantes e en Pontevedra hai 3 535 cotizantes menos á Seguridade Social.
En Galicia hai 52 520 cotizantes menos que no mes de Decembro do ano 2008. En España aumentou nese período en 517 122 o número de afiliados á Seguridade Social.